12/1/14

EDUGA Nº 66

Un novo nº da Revista Galega do Ensino.
Este volume 66 (xullo-decembro 2013) recolle, nas súas diferentes seccións, experiencias innovadoras e artigos de investigación, xunto ás colaboracións nos xa espazos clásicos "Opinión", "A nosa escola" ou "Que é?".
Coincidindo coa saída do presente número, Eduga. Revista Galega do Ensino incorpora dúas novas seccións que acompañan á de "Formación" recentemente integrada na Revista. Así, a comunidade educativa galega disporá, ademais, dende agora das cabeceiras "Innovación" (con subseccións como as dedicadas ao Plan Proxecta ou aos Contidos educativos) e "Bibliotecas" (con tres partes diferenciadas: Boas Prácticas, Biblioteca Escolar e Hora de ler).

Inicio

9/1/14

OBRADOIROS DE NADAL

Xa estamos no 2014 e comezamos o ano con ilusión e forzas renovadas.Pero se miramos cara a atrás, ao comezo das vacacións lembramos o ben que o pasamos nos obradoiros do Nadal. Houbo para todos os gustos: musicais, decorativos, de maxia, xogos de movemento, xogos en inglés...
Para rematar a xornada viñeron os Reis , que nos agasallaron cunhas lambetadas, a cambio démoslles un bico e tamén lles cantamos a canción de Papirus, con pandereitada incluida.
Agradecemos a colaboración das familias en todo o que foi preciso e desexamos que este sexa un bo ano para todos.
Mirade que divertida esta recompilación feita dende o 2º ciclo.