30/10/15

UN SAMAÍN DE CONXUROS CÓSMICOS

Xa é oficial!
 Este ano o proxecto do Bibliocastelo xirará en torno ao espazo.

E... como o Samaín é tempo de conxuros , os deste ano tiñan que encherse de verbas como  galaxia, planetas, estrelas, soles , lúas. Satélites, cometas, foguetes, buratos negros...   a lista é interminable. Convertéronse logo en conxuros cósmicos.  O gran mural da entrada serviu como lugar para que todas as aulas os colocásemos . Este foi o resultado:



1ºA
Un anaco de Venus,
unhas bágoas de Plutón,
uns berros de Xúpiter
é de Saturno os seus risos ben chillóns.




  1ºB
Meigas de Marte,
Meigas de Plutón,
mándovos raios de sol
para que cantedes
a nosa canción
                                             a todo pulmón.                                           .


2ºA
Foguete, vía láctea, Venus,
Terra, Ceres, Aurora boreal,
Plutón, Mercurio, Marte,
Urano, Lúa, Saturno e Sol
converte aos nenos e nenas da Pedra
en meigas, meigos e vampiros espaciais

2ºB
Man de extraterrestre,
pólvora de cometa,
rocha luar,
anacos de planetas,
un burato negro,
pelo de marciano,
unha presada de Lúa,
tres raios do sol,
aceiro de nave espacial.
Con este conxuro de Urano

converteraste en humano.
  


3ºA
Estrelas fedorentas,
terroríficos cometas,
que todos os planetas
se convertan en bolboretas.








3ºB
Landras e centeas,
ratas, ogros e cabuxas,
Chispirín, chispirán,
as doce bruxas virán

polo espazo sideral


 4ºA
Sangue de morcego do espazo sideral
cranio de lobo extraterrestre
espíritos de marcianos macabros
esqueletos de zombis intergalácticos
mesturados todos nos negros buratos
que as nenas e os nenos deste colexio

se convertan en repugnantes ratos.

4ºB
Aneis de Saturno,
cráteres da Lúa,
cola de Halley,
tormentas de po de  Marte,
xigantescas nubes de Venus,
gran mancha vermella de Xúpiter,
CONVERTEDE A MIÑA BICICLETA
NUN ASTEROIDE QUE ME PERMITA
VIAXAR POLO UNIVERSO INFINITO

E COÑECER TODAS
5ºA
Peido podre de mofeta con diarrea
para botar as bruxas fóra do noso planeta.
Anca de sapo,moco de crocodilo,
subo ao espazo con moito sixilo,
porque o conxuro cósmico do Samaín
Vai surtir efectos máxicos sen fin!

5ºB
Bruxas, curuxas, demos e ratos,
eu vos condeno a vagar polo espazo
ata Saturno entre aneis flotando,
castigados sen Samaín por serdes malos.
6ºA
Planetas, estrelas, lúa, sol,
con isto iniciamos un conxuro de terror.
Ollo de extraterrestre,
mexo de can cósmico,
crista de galo estelar,
excremento de pato mareado.
moco de ra neptuniana.
Planetas, estrelas, lúa, sol,
así remata a nosa poción.
Le este conxuro para o samaín máis escuro

 6ºB
Anacos de asteroide
uns raios de sol
un anel de Saturno
e un cometa veloz.
Aprender sen estudar
e non ter que madrugar.
Que se cumpra este conxuro,
portareime ben seguro
E como cada ano, a entrada do noso cole volveu estar ocupada por terroríficas cabazas de Samaín, transformadas nos diferentes astros do cosmos.
 IMPRESIONANTES!!!!!
Moitas grazas a todas as mamás e papás, e aos avós e avoas que sabemos, de certo, que participaron tamén activamente na elaboración. Deron traballiño, o sabemos, pero os momentos vividos en familia e o resultado final... valeron a pena.
A que si?

















20/10/15

SAMAÍN 2015


Xa está aquí a festa máis terrorífica do ano! 
Pronto o noso cole encherase das máis temidas cabazas intergalácticas. Mentres tanto se vos queredes entreter e aprender algo sobre esta festa galega:
PREMEDE NESTA IMAXE!


ACTIVIDADES SAMAÍN

5/10/15

BENVIDA A UN NOVO CURSO ESCOLAR


O equipo de Dinamización lingüística, acompañado de toda a comunidade escolar do "CEIP Plurilingüe A Pedra", estamos preparados para comezar coas actividades que sempre terán como obxectivo o fomento do uso da lingua galega.
Este ano traballaremos a fondo a figura do poeta da Terra Cha, Manuel María, a quen este ano se homenaxea no día das Letras galegas.

 

Como en cursos anteriores, seguiremos colaborando co Equipo de TICS e Biblioteca  participando de maneira activa no seu proxecto anual.
Seguiremos publicando neste blog todas as festividades nas que o uso da nosa lingua estea presente.
Asemade publicaranse de maneira puntual todos os números da revista "Ollos de Aula".