23/12/18

OBRADOIROS DE NADAL

O último día do cole, gozamos, pequenos e maiores dos tradicionais OBRADOIROS DE NADAL no centro de E. Primaria.
Organizados en tres liñas diferentes, cada clase puido participar en catro actividades diferentes. Acompañados polos seus titores ou titoras  e coordinados polo profesorado especialista, pais e nais, profesorado xubilado ou o mesmo conxerse os nenos e nenas recorreron os distintos espacios para participar en actividades de plásticas ou decorativas, recreativas ou deportivas, plurilingües, de maxia ou musicais.
O sorriso non desapareceu das facianas e desta afirmación dan conta as seguintes imaxes.























A xornada rematou da mellor maneira posible, primeiro coa visita dos REIS MAGOS:



Finalmente nas aulas degustáronse pordutos navideños como fin de festa.



21/12/18

ACTIVIDADES DINAMIZADORAS DE NADAL

Calquera época do ano é boa para dinamizar o uso da nosa lingua, pero o Nadal, o é especialmente.
En primeiro lugar as POSTAIS de Nadal. O alumnado de todas as clases elaboraron as POSTAIS que despois enviaron ás casas por correo ordinario.





Cantáronse as tradicionais PANXOLIÑAS.
 En E.Infantil  "TRES REIS EN BICICLETA"



En E. Primaria "VINDE VER O NENO"



Sesións de CONTACONTOS.
 O APALPADOR , foi por suposto unha das historia elixidas:
Os maiores de abandoaron as súas aulas e presentáronse en E. Infantil para converterse en CONTADORES DE CONTOS:
Ramón, o noso CONXERSE MAGO, deleitou a grandes e pequenos con espectaculares SESIÓNS  MAXIA.




Elaboráronse portadas para levar as fichas do primeiro trimestre, onde o noso idioma tivo un protagonismo esencial, como a que fixeron os pequenos e as pequenas de 1º de Primaria, na que DEREITOS HUMANOS, como LIBERDADE, VIVENDA, IGUALDADE, .. formaron parte da árbore de Nadal.
Quedaría falar sobre todo o traballo realizado en torno ´´A POSTAL COLABORATIVA" , que está explicada nas entradas anteriores deste mesmo blog.




18/12/18

POSTAL COLABORATIVA DE NADAL 2018

XUNTOS NA DIVERSIDADE FAREMOS UN NADAL DE SOLIDARIEDADE:
Este fermoso mural, preside,xa,  a entrada do noso cole. Na cabeceira do mesmo, atópase o lema elixido. As mans de todo o alumnado do colexio A Pedra, están postas nel. 
Os pequenos e pequenas de E. Infantil confeccionaron os bonecos de neve.
Quixemos que, este ano, a nosa postal cooperativa tivese relación co proxecto dos DEREITOS HUMANOS,  así que cada aula investigou a un personaxe relevante neste eido. Despois désmoslle un aire navideño para colocalo no mural.
1ºA traballou a Emilia Pardo Bazán:

1ºB traballou a Rigoberta Menchú


2ºA traballou a Annie Nushann


2ºB traballou a Mahama Gandhi

3ºA traballou a Malala

3ºB traballou a  Clara Campoamor

4ºA traballou a Concepción Arenal

4ºB traballou a Frida Kahlo

5ºA traballou a Teresa de Calcuta.

5º B traballou a Iqbal Masih

6ºA traballou a Nelson Mandela

6ºB traballou a Martin Luther King
Moitos foron os grupos que aproveitaron o mural para sacarse fotos grupais.



O resultado final é esta fermosa POSTAL DE NADAL, coa que o CEIP  PLURILINGÜE A PEDRA,  felictou a toda a comunidade educativa, e aos organismos e intitucións oficiais.