12/4/18

OBRADOIRO DE ALFOMBRAS FLORAIS


A volta das vacacións presentouse moi activa no noso cole pois, , o alumnado de 4º, 5º e 6º realizamos un obradoiro de alfombras florais.


Agradecer en primeiro lugar a Rosa, Mari, Chefi, Rafa e Ataulfo, membros da asociación de afombristas, a paciencia que tiveron con nós e sobre todo que poñan tanto empeño en que os nenos e nenas continuemos cunha tradición tan arraigada na nosa vila como é a da elaboración de alfombras florais.
Engadir que o pasamos superbén e que nos comprometemos a participar na próxima edición. Sabemos que este ano o temas xirará ao redor da LINGUA, polo que o noso cole participará elaborando con flores un poema.
No seguinte vídeo pódese ver unha galería de imaxes e comprobar o fermosa que resultou a actividade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario